O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Venres, 28 de abril

E seguen a chegar nenos e nenas dos coles colaboradores ao Salón. Hoxe recibimos ás Doroteas, CEP Marcos da Portela, Colegio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra, C.e.i.p. de Ponte Sampaio Ceip Praza de Barcelos e CEIP A Xunqueira 2

A de contos ben bonitos que aprendemos estes días no Salón, de tradición galega como os de Pavís Pavós, e tamén doutras culturas da man de Li Morenita e as súas historias de Macondo ou Diego Alejandro con Niña Bonita e outros contos colombianos.

O que tamén estamos a comprobar é que a imaxinación dos nenos e das nenas que veñen ao Salón é doutro planeta, e se teñen a axuda de Iván R. Anxo Fariña e El Hematocrítico o éxito está asegurado. Esta mañá deseñamos portadas de libros fantásticos, demos vida a un chourizo peludo e a unha culler con 10 pés e creamos un mostro molón de cores fluorescentes. Que viva a creatividade dos pequenos artistas!! (Hoxe do CEP Marcos da Portela, Colegio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra e C.e.i.p. de Ponte Sampaio.

Unha das cousas que máis nos gustan é propiciar encontros da rapazada cos autores das obras que len. Facilitar que lles fagan preguntas, expoñan dúbidas, que dialoguen, debatan… Sen dúbida, a visión da obra muda considerablemente canto podemos falar de ti a ti cos seus creadores. Por esta razón tivemos a Santiago Lopo e a Nee Barros falando co alumando do IES Sánchez Cantón e do IES Xunqueira I, con obras como “Game Over”, do primeiro ou “Identidade” e “Nom estamos quebrades” do segundo”. Que femoso cando a lectura serve de punto de encontro e de faladoiro.

E pola tarde

Que ben o pasamos esta tarde no Escape Book do Salón. Coas amiguiñas de Leucoíña Pasea fixemos unha xincana na procura de Orbil. Onde andará? Por que marcharía? Fixemos de investigadoras e seguimos as pistas que deixou pola cidade. Queredes saber onde estaba? Non o podemos contar!

A grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais e nais e os nosos avós e avoas conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral. Coa música como principal acompañamento, Luís Prego amosóunos esta tarde parte destes tesouros. Cantamos, bailamos, xogamos coas palmas, danzamos solto e ao agarrado, saltamos e rimos ao compás da música. Unha gozada de sesión de baile e xogos que disfrutamos en familia!

Sabedes en que consiste a técnica da #StopMotion? Pois é un proceso co que podemos facer películas de animación coas nosas propias mans! Esta tarde, cos nosos amigos de Curiosaurios Club, preparamos uns personaxes (primeiro debuxamos, logo recortamos e finalmente decorámolos). A continuación fixemos fotos movéndoos, un pouquiño de edición e xa está. Animación feita! O cine e os libros forman un duo fabuloso! Pasámolo xenial!

A nosa Rodalibros estivo esta tarde na Casa Verde de Salcedo.

O 29 de abril é o Día da Danza, mais no Salón quixemos comezar a festexalo desde hoxe mesmo da man de La Coja Dansa e ‘O conto de Persépolis’. Nesta historia, tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. Lelo fará que reflexionen sobre a situación das mulleres na historia e decida. emprender unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as ha levar a atoparse nun punto en común. Con “Persépolis” renden homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias cuestionaron, desde as marxes, o estatus das mulleres e as súas constantes pérdidas de dereitos.

Compartir esta entrada