O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado 6, pola mañá

Todos os sábados do Salón deste ano comezámolos coa Hora do Conto, non hai mellor maneira, sen dúbida.

Na sesión de hoxe os amigos de Pavís Pavos contáronnos a historia da princesa do Courel e aprendemos que as cousas, ás veces, non son o que parecen. Tamén fixemos un fermoso taller coa cor como gran protagonista.

Di a lenda que quen non escoita o cuco anunciando a primavera non vai ter un bo ano. No Salón xa o escoitamos! Foi esta mesma mañá na sesión de música e contos dirixida a bebés de Marcelo Dobode e Bea Martínez. Cantamos, demos palmas e rimos ao compás da arpa de Bea e a voz de Marcelo. Unha fermosura que teremos de novo pola tarde.

Cris de Caldas e Xabi do Camiño trouxeron nun saquiño os seus libros preferidos para amosárnolos no Salón.
A “alterego” de Cris, a Bibliotecaria Estrafalaria, falounos das historias e os xogos que viven nos libros. Das personaxes que os habitan e das viaxes que nos axudan a emprender. Unha gozada de sesión con Xabi do Camiño na parte musical.
🎶”Eu quero, parararararararara, eu quero pan de broa. De broa quero pan!”🎶

Xogos, contos, cantos 🎶 e unha morea de actividades que espertan a nosa imaxinación e creatividade. Así pasamos a mañá no Salón.

Compartir esta entrada