Esta tarde a cativada máis miúda do Salón descubríu aos Beatles, si si, aos Beatles! Foi grazas a un meniño chamado Litle Neno. Este pequeno é o protagonista do conto do mesmo nome que puidemos escoitar na voz de Neves Rodríguez e que se basea no libro “Litle Neno descobre aos Beatles”
Xunto a Litle Neno vivimos toda unha aventura na procura do oso Renato e acompañando a súa historia, a música dos de Liverpool! 🎶🎶🎶
Moito nos prestou bailar ao son do Yellow Submarine, Penny Lane ou Twist and shout. Foi xenial!
O Salón é o mellor lugar do mundo para descubrir cousas novas: libros, xogos, historias e tamén artistas, escritoras, etc. Da man de Ramón D.Veiga @ramoninguez, autor de ‘A miña amiga Gloria’ (@triqueta_editora) e o ilustrador @ivan_r_ descubrimos á poeta Gloria Fuertes. Que nena tan xenial era de pequena e que adulta tan marabillosa chegou a ser. Para parecernos un pouco a ela, fixemos unhas gravatas súper orixinais e cheas de cor, para poñer en ocasións especiais como pode ser… un día calquera!!
Pinturas de cores, flores de cores, globos de cores pero….. madalenas de cores??!!! Madalenas de cores!! Iso foi o que fixemos esta tarde coas amigas de @reviravolta_lecer. Azuis, verdes e vermellas! Mesturamos os ingredientes , cada equipo engadiu unha cor e logo botamos en cada forma un chisco de cada masa. E mentres elas foron ao forno, lemos o conto de A raíña das cores. Porque xa sabedes que lendo, o tempo vai máis rápido… Quedaron saborosísimas e ben bonitas!
E para rematar a tarde deste último sábado do Salón (lembrade que mañá temos o último día) fomos ao teatro ver “As palabras perdidas”, a divertida historia de Inventi Teatro coa que aprendemos unha chea de palabras novas.
A obra, protagonizada pola Condesa Colorada (Beatriz Campos) e o seu axudante Leocadiof, conta a historia da Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional. Cando se dispón a narrar o seu relato estrela cae na conta de que o seu libro está cheo de buracos e que faltan palabras moi importantes!
Unha peza divertidísima e xenial!!