ACQUA IN BOCCA, por FRANCESCA CARLUCCI

Bo día, familias! Como sabemos que sodes moi curiosas e que tedes moitas ganas de aprender cousas novas… que vos parece aprender un chisco de italiano? Nesta XXI edición tivemos a oportunidade de facer unha chea de amizades en Mater Lingua Pontevedra, a asociación de alumnado e ex-alumnado da EOI de Pontevedra, de familias italianas que viven na nosa cidade e da Società Dante Alighieri de Vigo. Entre as nosas novas amigas está a tradutora Francesca Carlucci, que hoxe nos vai facer unha “masterclass” caseira para irmos aprendendo este idioma tan fantástico e sonoro que é o italiano. Veña, atrevédesvos? L’italiano e molto facile e divertente!