O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Un paseo con Manuel Moldes

Esta tarde fixemos o roteiro artístico “Un paseo con Manuel Moldes” que nos levou a percorrer, da man da #FundaciónMoldes, lugares emblemáticos na vida e obra do inesquecible artista pontevedrés, un dos creadores do Movemento Atlántica.

Visitamos o Instituto Valle Inclán onde comezou os seus estudos, estivemos ao pé da vella casa consistorial onde nos falaron dos carteis deseñados por Moldes para as Festas da Peregrina e a súa importancia pictórica. Un deles consérvase no Museo.

Tamén pasamos pola rúa Michelena e o baixo da antiga libraría para a que Moldes fixo unha colección de marcapáxinas que hoxe son obxectos de coleccionista e obras pictóricas; a praza da Peregrina onde coñecemos como foi descuberto por un profesor o seu grandísimo talento e diferentes puntos do centro histórico.

Finalizamos o percorrido no Museo (@museo_pontevedra) ao que Moldes estivo moi vinculado e onde se exhiben algunha das súas obras.

Un paseo fantástico que nos achegou ao talento creativo do desaparecido pintor pontevedrés, figura importantísima e inesquecible da plástica galega das últimas décadas. Deste roteiro quedamos coa súa impronta artística e unha frase del gardada nas paredes dunha antiga galería de arte: “misterio + luz = pintura e vida”.

Desde xa facémola nosa.

Compartir esta entrada