O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Xoves 7 de marzo

Hoxe o noso Orbil repartíu apertas entre a cativada dos CEIPs A Xunqueira2, Manuel Vidal Portela, o CEP Marcos da Portela e os EEI de Verducido e O Grupo de Marín que nos viñeron visitar.

No Salón do Libro temos unha equipa de monitorado ben riquiña que, entre outras cousas, polas mañás fai visitas guiadas aos coles. No seu percorrido pola Sala explican cada recuncho da ambientación, dos xogos literiarios das súas paredes. Falan de literatura infantil, dos seus autores/as e ilustadores/as, da cultura convidada Catalunya, dos fermosos traballos que fan cada ano as escolas colaboradoras. O certo é que á vista das imaxes, aínda non temos claro se gozan máis os/as monis ou a cativada

Mesturar as 3 cousas que máis molan do planeta (contos, trucos e ciencia) non é tarefa sinxela pero cun pouco de maxia… tachán!! Chamamos ao O Mago Paco e velaí o resultado: adiviñou pensamentos, fixo encoller unnhas cartas, medrar unha pelota, mudar de cor varias veces O mostro de cores, unha sesión chulísima.

Pola tarde

Celebramos a charla “Guía ninja dos ilustradorxs”, un faladoiro da AGPI dirixido a estudantes e futuros profesionais da ilustración onde se trataron unha morea de aspectos: desde lexislación e dereitos de autoría, ata cuestións máis técnicas. O encontro foi interesantísimo e deu lugar a un amplo abano de preguntas na quenda de intervencións para o público.

A música é a nosa maxia preferida, por iso convidamos a Sonsoles Penadique a que nos contase a historia do chintófano de Dorothé, que fai un percorrido pola vida de Dorothé Schubarth, a musicóloga suíza que percorreu Galicia nos anos 70 do século pasado recollendo, cun trebello máxico, toda a música popular galega. Que ben o pasamos, cantamos, bailamos e aprendemos unha chea!

No Salón temos un monitorado marabilloso, a que si?

Esta tarde xogaron cos nenos e nenas a cambiarlle a trama e o final a un conto e fixérono ao ritmo da música! Foi moi divertido porque os contos, como por arte de maxia, cuns pequenos axustes e uns acordes mudan en historias completamente novas.

Logo fixemos apócemas máxicas, procurando entre os máis de 4.000 libros do Salón os ingredientes: obxecto concreto, unha cantiga, un animal…

Para rematarmos o día acompañamos ao ilustrador Dani Torrent no encontro lector da Libraría Paz.

Compartir esta entrada