O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Pola mañá

O traballo que fixo o alumnado  do CEP Marcos da Portela sobre a artista Shamsia Hassani é fantástico, a que si? Ela é unha grafiteira afgá que loita, coa súa arte, contra o totalitarismo dos talibáns. Este traballo forma parte de “Arte para mudar o mundo”, a colaboración que establecemos con Escuelas Asociadas de la Unesco – España. Podedes ver todos os traballos na nosa web.

Esta mañá foi do máis creativo no Salón. Con El Hematocrítico fixemos un obradoiro de escrita divertida e quedaron unhas cubertas de libros súper e coas nosas amigas Eva Fandiño e Iria Rodríguez de O Galpón Lab, uns Fanzines ben molóns! Temos ou non temos moita arte?

Pola tarde

Para a sesión de contos recibimos a Ana Apika, chegada de Bizkaia, que xa sabedes que este ano #EuskalHerria é a cultura convidada. Coñecemos a pequena Munia e a historia de como un día que as billas deixaron de funcionar, ao ir con papá e mamá a por auga ao río, levou para casa un anaco da lúa  – grande grande, branca branca e redonda redonda – reflectida nas augas.

Que ben saben os doces amasados coas nosas manciñas! Esta tarde coas amigas de ReviraVolta, aproveitando que o Recinto Feiral estes días é #Exipto, fixemos unhas pirámides de coco bañadas en chocolate, saborosísimas! Ai! Tamén lemos un conto, que coa papatoria case o esquecemos… 

Compartir esta entrada